Promover o uso da bicicleta como modo de transporte cotián é un dos obxectivos marcados no proxecto Move a Illa.
Acondicionamento de 14 km de rúas para a
mobilidade en bicicleta
O deseño e o acondicionamento de novos itinerarios para o uso da bicicleta permitiralle á poboación arousá dispoñer de 14 km de rúas para desprazarse en bicicleta.
O proxecto Move A Illa ten previstas tres sendas que se estenden uns 3430 m e que se distribúen da seguinte maneira:
Lonxitude: 2470 m
Atravesa a illa de norte a sur, cos seus extremos no edifico do Concello e a praia Camaxe Pequeno. Esta senda comunica o norte, como zona de coexistencia, e os últimos 1,5 km, os que corresponden á lonxitude da rúa da Franqueira ata a praia de Camaxe, como carril bici específico. Así conéctase o norte co sur da illa e enlázase coa senda de bicicletas existente que percorre as praias do sur e o aparcadoiro disuasorio.
Lonxitude: 200 m
Comunica a troncal co IES. Esta senda complementa o camiño escolar proposto.
Lonxitude: 760 m
Comunica o edifico do Concello co campo de fútbol.
Posta en marcha dun sistema de bicicletas
público de uso compartido
Lanzamento do primeiro sistema público de bicicletas eléctricas e convencionais de uso compartido ao alcance de toda a poboación arousá. Instalaranse tres estacións de bicicletas na praza do Regueiro (zona norte), praia Camaxe Pequeno (Bao)/aparcadoiro disuasorio (zona central) e Parque do Carreirón (zona sur).