A ILLA DE AROUSA A PÉ

O Metrominuto da Illa de Arousa ten como único fin promover unha vida máis saudable e sustentable a partir do deseño e o uso de itinerarios de tempos que relacionen os principais puntos de interese da Illa de Arousa a través do mapa Metrominuto.

Nestes mapas, por tanto, aparecerá o tempo que se tarda en chegar a pé dun punto a outro en minutos e en metros, coa intención de amosar que o uso do coche non é necesario e que a forma máis rápida de chegar é andando.

Trátase dunha práctica estendida por toda Europa, e cidades como Florencia, Londres, A Coruña, Pontevedra ou Vilagarcía de Arousa xa teñen o seu propio Metrominuto.

Coñece que cidades de España forman parte da rede Metrominuto Ciudades que Caminan.