A AROUSA ESCOLA

Coa creación dos camiños escolares na Illa de Arousa búscase promover a mobilidade peonil e/ou en bicicleta ao centro escolar mediante rutas sustentables:

CAMIÑOS SEGUROS

Crear unha rede de itinerarios seguros para que os escolares poidan desprazarse camiñando ou en bicicleta nos seus traxectos diarios.

CAMIÑOS SUSTENTABLES

Reducir o número de vehículos privados que trasladan os menores aos centros de ensino, o que redundará  na mellora da calidade do aire, do medio natural e da seguridade viaria.

CAMIÑOS SAUDABLES

Fomento dos desprazamentos camiñando como forma activa de loita contra a obesidade infantil, o colesterol ou a ansiedade.

CAMIÑANDO SÓS

Fomento da autonomía de nenas e nenos nos seus traxectos cotiáns creando condicións de seguridade.

ACCEDE Á DOCUMENTACIÓN

Actuacións para a creación dos camiños escolares

Deseño dos camiños escolares para os centros de ensino na Arousa

– CEIP da Torre – Illa
– IES Illa de Arousa
– Colexio Sonrisas y Lágrimas

Camiños escolares abertos á participación

Organizaranse mesas de participación para involucrar a pais, nais, asociacións veciñais e resto da cidadanía.

Accións de promoción dos camiños escolares entre o alumnado

Creación do percorrido de tempos Animais Fantásticos

CONCURSO: A mascota do programa ILLA ESCOLA

CONCURSO: Crea o slogan/lema do programa ILLA ESCOLA

CARNÉ DO CAMIÑANTE “ANIMAL FANTÁSTICO”

HOXE SON UN  “ANIMAL FANTÁSTICO”

POLICÍAS “ILLA ESCOLA”