Move A Illa é un proxecto que busca a transformación da Illa de Arousa nun municipio referencia da mobilidade urbana sustentable europea.
Acollido á liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbono, promovidos por entidades locais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 % dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e xestionado polo Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), Move a Illa busca facer da Illa de Arousa un lugar que aposta pola mobilidade sustentable.
Move a Illa é unha iniciativa acollida á liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbono, promovidos por entidades locais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), cunha taxa de cofinanciamento do 80 % dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e xestionado polo Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE).
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E MEDIDAS DO PROXECTO
OBXECTIVO ESPECÍFICO: OE 451. Mobilidade urbana sustentable: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras na rede viaria, transporte ciclista e desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas.
MEDIDA: Medida 08: implantación de Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) ou plans directores de mobilidade.
INDICADORES