Reordenación e deseño dos espazos urbanos na Illa de Arousa
Creación dun aparcadoiro disuasorio do Bao para desconxestionar o tráfico
A creación do aparcadoiro disuasorio do Bao, á entrada da illa, suporá unha diminución da conxestión de tráfico no centro urbano e a zona de praias e reducirá os percorridos en coche.
Localización do aparcadoiro disuasorio (en azul) e detalle da súa proximidade ás estradas de acceso á illa PO-307 (1) e de vertebración norte-sur EP-9802 (2) e PO-299 (3); e á senda para bicicletas (4) e estacionamento destas.
Reordenación e deseño no centro urbano
O establecemento de áreas de prioridade residencial, a mellora e a adecuación do tránsito na praza do Regueiro ou a apertura da vía Agro da Torre son algunhas das medidas de reordenación e deseño urbano que permitirán que a Illa de Arousa converta áreas urbanas en lugares de mobilidade máis sustentables e seguros, e dote o núcleo de menos conxestión e contaminación.