Arrinca o concurso de debuxo “A AROUSA ESCOLA”!

Xa está aberto o prazo de participación do concurso de debuxo de camiños escolares dirixido aos mozos da Illa de Arousa! Os participantes terán que debuxar unha mascota mariña fantástica que os acompañará no traxecto ás escolas.

Haberá tres categorías: unha dirixida aos alumnos de infantil, outra aos estudantes entre 1º e 3º de Primaria, e a última para aqueles escolares entre 4º e 6º de Primaria. A participación é gratuíta, e todos aqueles que se inscriban deberán estar a estudar nun colexio da Illa de Arousa.

O prazo de inscrición, que comeza o día 25 de febreiro, terminará o próximo 24 de marzo de 2021. Tras unha selección previa, publicaranse nas redes sociais do proxecto Move a Illa os nove debuxos finalistas, e o voto popular decidirá a elección dos gañadores. Os creadores dos 3 debuxos seleccionados obterán un premio como recompensa, e a súa proposta de mascota implementarase nos traxectos.

O obxectivo do concurso é fomentar hábitos de transporte sostibles e saudables, creando camiños escolares seguros para que os menores poidan desprazarse aos colexios con seguridade.